Wednesday 24 de April de 2024

O Concello de Boqueixón abre mañá o prazo de inscrición dos campamentos estivais dirixidos á mocidade dentro da Acción de Verán’19


 

As estancias desenvolveranse nas instalacións do Camping de Cachadelos, en Sanxenxo

Os Concellos de Boqueixón e Vedra abrirán mañá o prazo de inscrición para os dous campamentos incluídos dentro de Acción de Verán’19. Ofértanse dous campamentos, un dirixido á poboación infantil e o outro, á xuvenil.

O custo é de 195 euros. As prazas son limitadas, tendo preferencia a mocidade empadroada. As persoas interesadas en formalizar as solicitudes deberán facelo entre o 10 e 27 de abril no Departamento de Cultura enviando un e-mail a cultura@boqueixon.com.

Ademais, deberán presentar a ficha cuberta (que xa se pode descargar na web municipal). O resgardo de pagamento deberase entregar ata 10 días antes do comezo da actividade.

Pódese solicitar máis información no teléfono 981 513 115. A primeira das estancias diríxese á poboación infantil, nada entre os anos 2007 e 2010 (ambos incluídos). Desenvolverase entre o 24 de xuño e 1 de xullo no Camping de Cachadelos (Sanxenxo).

O segundo dos campamentos diríxese á poboación xuvenil nada entre 2003 e 2007, ambos incluídos. A estancia desenvolverase entre os días 5 e 12 xullo, tamén no Camping de Cachadelos (Sanxenxo). Os campamentos contemplan
descontos segundo o número de fillos/as que se inscriban na mesma actividade.